jueves, 11 de diciembre de 2014

Equipo de snowboard

Aproveitando que veñen as Navidades e cada vez queda mais preto a semana branca, vamos aproveitar para ver que material debemos levar para facer snowboard
O equipo básico ou material de snowboard: componse dunha tabla, botas e fixacións. Por suposto, para evitar o frío e a humidade, hai que contar con roupa adecuada.

  • A tabla: para empezar, unha tabla estándar está ben, son máis resistentes e máis estables, simplemente debes coller unha que sexa da túa talla.
elegir tabla de snowboard skate banana
  • As fixacións: igual que tablas hai moitos tipos, pero para emèzar unhas fixacións soft, son as máis adecuadas, estas consisten básicamente en dúas correas, unha para a zona alta dos dedos e outra para a zona do empeine. Están compostas por varias partes, a base a cal se atornilla a tabla. O spoiler ou highback, normalmente acolchado, que é onde apoiamos a parte traseira do pé e as correas, que fixan a bota a tabla.
Fijaciones Soft


  • As botas: as mellores para principiantes son as soft, máis cómodas e para elixir as adecuadas debn darlle estabilidade ao teu tobillo, nin apretar moito nin pouco, para poder ter un control óptimo sobre a tabla.
Botas Soft


  • Unhas gafas de ventisca son imprescindibles para protexernos dos raios UVA
  • Protector solar, xa que cando sae o sol queima moito
  • Casco, moi importante, xa que é moi dadp caer e mancarnos moi seriamente
guantes snow
calcetines snowcascos snow gafas snow 

  • Guantes impermeables, porque ao primeiro vamos ter moito as mans pola neve e ainda sendo impermeables é moi doado acabar cas mans empapadas.
  • Calcetíns cómodos e altos, para que se adapten ben ao pé e a bota.
  • Un bon pantalón que te protexa dos golpes e sexa impermeable, así como ben quentiño.
pantalón snow                                                    cazadora snow

  • Unha chaqueta quentiña e impermeable, que aisle térmicamente.




viernes, 28 de noviembre de 2014

A evaluación

Evaluar sempre ten como finalidade valorar e orientar unha proposta de mellora, tanto do aprendizaxe do alumno, como do traballo na clase. Estas son as bases da calidade educativa. Temos que abandonar a vista tradicional dun exame como o castigo de ter que poñernos a estudar e pegarnos os atracóns do día antes ou os dous días antes, porque ese método para aprobar os exames poden valer, pero non para "saber". Entón, un bo técnico, profesor, instructor, etc, ten que empregar a evaluación para comprobar se o alumno/usuario, realmente sabe o que debe saber e se non é así axudarlle e orientalo polo camiño que debe seguir, para enriquecerse con conceptos e fundamentos, que aparte de enriquecernos culturalmente nos poden servir de moito nun futuro. As cousas que se van aprendendo pouquiño a pouco, de diferentes maneiras, mediante explicacións, estudandoo, vivindoo na práctica, etc, son os saberes que permanecen na nosa mente, non coma os dos atracóns, que logo se esfuman das nosas cabeciñas.
A evaluación tampouco é unha ferramenta na que debamos confiar ao 100% xa que hai persoas que non rinden nesta clase de probas e sen embargo os seus coñecementos son moi superiores. Polo tanto non nos debemos fixar soamente nestes resultados, tamen temos que preguntarlle ao alumno que pasou, que fallou, ou que foi mellor, para poder adaptarnos e non soltar unha chapa coma se fósemos robots.
Normalmente todos nos queremos librar de estudar, pero se queremos destacar e triunfar, dunha maneira ou doutra, sempre temos que seguir fomándonos e sobre todo estar atento as novas tendencias e descubrimentos que vaian aparecendo.
Sobre todo na nosa rama de técnicos deportivos a evaluación é moi importante,para saber en que fallan os nosos usuarios, que hai que reforzar e en que fallamos nós mesmos para poder mellorar e poder progresar todos, con elo ser cada vez mellores no noso ambito e que os nosos usuarios cada vez o pasen mellor e disfruten cos nosos métodos.



Entre todos temos que lograr que pase de 
a o que debería de ser 



Para conseguir o que realmente é importante, disfrutar e aprender!!!










jueves, 20 de noviembre de 2014

A pértiga

A pértiga é un elemento imprescindible e moi importante nos saltos desta disciplina, pero moitas veces só miramos para ver a evolución das marcas no tipo de entrenamento, fisioloxía e xenética dos atletas, etc. Pero aquí unha parte moi importante teñena as pértigas, por iso vamos a ver como son/se fan (as actuais) e como foron evolucionando.
Antigamente chegouse a saltar con pértiga empregando picas de madeira (case ríxidas), metal (cunha flexibilidade case nula) ou posteriormente xa feitas con bambú, as cales ata ese momento eran as mellores; estas revolucionaron o salto con pértiga, debido a diferencia que tiñan (doblándose) con respecto das anteriores.
A partir dos anos 60 a pértiga de fibra de carbono causou furor e fixo que se progresase moito nas marcas de pértiga, este material tiña unha flexibilidade inimaxinable ata o momento, que pronto se empezaron a mellorar empregando fibra de vidrio na zona central da pértiga, onde esta é máis flexible facilitando así que se dobre nos extremos e a fibra de carbono o impida nos extremos, dado que nos extremos nos interesa que se dobre moito.


  • Características das pértigas según os números que teñen inscritos:
    • O primeiro número indica a lonxitude da pértiga en metros
    • O segundo a dureza que se mide en libras, indica o peso máximo da persoa para o que foi creada esa pertiga 
    • O terceiro é a flexibilidade, o cal se mide en milímetros
Evolución:
Antiguamente no estaban reglamentadas ni el tamaño, ni el peso, ni el material de las pértigas, lo que ha permitido las mejoras en las marcas.
  • Hasta 1900 as pértigas eran de madeira de pino verde ou castiñeiro. Eran moi gordas, sendo difíciles de manexar.
  • Polo ano 1942 Cornelius Warmerdam saltou 4,77m empregando unha caña de bambú.
  • A partir desta data comezan a aparecer as pértigas de aluminio, moito mais lixeiras.
  • A partir de 1943 os suecos crean unha pértiga de aceiro flexible, o que sustitúe a todo o anterior.
  • En 1961 aparece a pértiga de fibra de vidrio o que provoca continuos saltos por enriba de 4,78m
  • A principio dos 70 aparece a pértiga de fibra de carbono, cada vez máis especializada e fai que se sigan batindo récords mundiales e olímpicos nesta disciplina de saltos.

Se tedes curiosidade, podedes ver como se fabrican as actuais pértigas neste ilustrativo video:


domingo, 16 de noviembre de 2014

Saídas de natación (reglamento)

Nas saídas de estilo Libre, Peito e Mariposa, aplícase o seguinte reglamento:

  • Cando o árbitro da un silvido longo, os nadadores suben ao taco de saída.
  • Cando o xuiz de saida diga "nas súas marcas" os participantes situaranse nas súas posicións de saída con (polo menos) un pé na parte dianteira da plataforma.
  • Finalmente cando todos os nadadores estén quietos, o xuíz de saída dará o sinal do comezo da proba.


Nas saídas de espalda e relevo combinado, a saída realízase dende a auga.
  • Co primeiro silvido longo do árbitro os nadadores métense na auga.
  • Cun segundo silvido os nadadores teñen que volver rápidamente a posición de saída.
  • O xuíz de saída dirá "as súas marcas" cando todos os participantes estén preto da saída e estes colocaranse nas súas posicións de saída.
  • Cando todos estén quietos, o xuiz dará o sinal de saída.

Tipos de descalificacións debidas a saídas anteriores ao sinal:
  • Se o sinal de saída sona antes de que a descalificación sexa declarada, a carreira continuará e o nadador ou nadadores, serán descalificados ao terminar a proba.
  • Se a descalificación se declara antes de dar a saída, esta non se dará e os restantes nadadores volveranse a colocar nos seus postos e darase unha nova saída. 


viernes, 7 de noviembre de 2014

Porque nadar?

Na clase estamos a ver os distintos estilos de natación, tanto na práctica, coma na teoría, pero, por qué debemos practicar a natación no noso tempo libre?
  1. A nosa calidade de vida mellora considerablemente, debido a que permite retrasar a nosa etapa de envellecemento e a nosa capacidade motriz aumenta así como a memoria, polo entrenamento da coordinación e concentración.
  2. Fai que estés máis alerta, con máis equilibrio e cun tempo de reacción complexo máis eficiente e rápido.
  3. As feridas e lesións tardan menos en curar se se realizan exercicios que non as perxudiquen.
  4. Quéimanse moitísimas calorías, xa que na auga os nosos músculas traballan de cinco a seis veces máis ca en terra firme. Unha hora de natación permíteche queimar ao redor de 600 calorías e correndo a un ritmo cómodo queimaríanse unhas 500 calorías.
  5. Axúdanos a aunmentar a masa muscular e a tonificar.
  6. O corpo faise máis resistente a fracturas, xa que ao traballar case todos os músculos do corpo, fai que os osos se vexan involucrados e aumenten o seu grosor.
  7. Permite adquirir maior movilidade e elasticidade, debido ao seu rango de movemento.
  8. Mellora a actividade do sistema cardiorespiratorio.
  9. Aumenta a flexibilidade da columna, o que fai que se teñan menos dores nela. 
  10. Mellora a musculatura da espalda e fai que adoptemos mellores posicións ao realizar calquera actividade do noso día a día e esta non sufra tanto.
  11. Mellora a circulación do sangue, ao nadar o sangue actívase e provoca unha sensación de benestar.
  12. Ao nadar reláxaste, o que o fai moi bo para o estrés.
E dende logo esta actividade podémola facer calquera de nós, independentemente da idade, sexo, etc. Para demostralo adxunto uns videos:






domingo, 2 de noviembre de 2014

Orixe do salto de altura

A orixe do salto de altura remóntase máis ou menos aos anos do comezo da humanidade cando este se vía obrigado a sobrepasar obstáculos.Os gregos non incluíron o salto de altura nos seus xogos olímpicos. Máis tarde os celtas no s. XIII a.C. facian competicións de subirse a un muro empregando so o impulso das pernas non se semellaba nada ao salto de altura actual. Tivemos que esperar ata que  británico Adam Wilson saltase 1,575 m nun encontro atlético en St. Ronan Border Club, no 1812 en Escocia. Sábese que houbo premios en metálico e que estas competicións de salto foron moi activas en Gran Bretaña ata que se exportaron a EEUU, onde estableceron un novo récord da man do canadiense John Overland, superando o 1,67m no ano 1839. O salto de altura foise popularizando pouco a pouco e xa polo 1874 aparece o que podemos considerar o primeiro gran saltador da historia moderna, o inglés Marshall Brooks, que rompe o récord, deixándoo en 1,89m. A súa técnica era mi rudimentaria, efectuaba o impulso case fronte ao listón, o cal franquea doblando as pernas baixo o seu corpo, co tronco prácticamente vertical.
Esta técnica foi mellorada polo americano Mike Sweeney, perfeccionando o paso do listón cunha tijereta con retorno interior e ademáis mellorou a carreira de impulso, a cal era ignorada ata o momento. Con isto logrou subir o récord a 1,97m no 1895.
Georges Horine supera a barreira máxica dos 2m no 1912 co seu rodillo californiano, impulsándose co pé interior e franqueandoo de lado cunha lixeira inclinación do tronco. Harold Osbon personaliza o estilo de Horina e supera os 2,03m, xerando moita polémica e conseguindo que se simplificase o reglamento.
En 1940 Lester Steers populariza o rodillo ventral, co que batiu o récord mundial 2,11m. Durante moitos anos as técnicas convivían, pero acabou triunfando o rodillo ventral ata que no 1968, nos Xogos Olímpicos celebrados en México Dick Fosbury, saltador estadounidense, empregou un novo estilo. Foi tan revolucionario, que nun primeiro momento foi descalificado. A súas técnica, coñecida como Fosbury, consistía en acercarse ao listón en carreira e saltalo de espaldas, levantando as dúas pernas no último instante, para sobrepasar o obstáculo. Con esta técnica Dwight Stone supera os 2,30m e o cubano Javier Sotomayor, consigue o actual récord do mundo con 2,43m (en interior) e 2.45 metros (en exterior), conseguidos no 1993.. Stefka Kostadinova (Bulgaria) posúe o record mundial das mulleres de 2.09 m dende 1987, o récord máis antigo por bater no atletismo.

Adxunto este video, para que poidades disfrutar vendo os diferentews estilos/técicas de salto e apreciedes perfectamente a súa técnica:




E nos para aprender deberiamos seguir un proceso similar ao seguinte, e dende logo se temos que ensinar nós esta modalidade de salto, esta é unha boa maneira:


domingo, 26 de octubre de 2014

Motivación!

Ter unha clase animada, participativa e que non perdan o interese por ela, é unha tarea moi compricada, porque simplemente, todo aburre. Sobre todo cando se intenta mellorar, hai que criticar e isto xeralmente tómase a mal e deprime, entón pensas: "non servo para isto", "que trenco son"... o que te leva a perder o interese, xustamente ao contrario do que deberíamos facer, que sería ter afán de autosuperación. Por estes motivos o coordinador, debe empregar numerosas estratexias, para fomentar a mellora técnica dos participantes e que se sintan motivados. Isto é moi complicado conseguilo con todos os participantes, pero empregando estratexias coma estas, pódese conseguir:

  • Técnica do éxito inicial:
    • Plantexar pequenas tarefas de fácil execución para os alumnos.
    • Preparar ben aos alumnos para executalas, facilitando as condicións necesarias para o seu éxito.
    • Facer repetir esas tarefas eloxiándoos polo seu éxito.

  • Técnica do fracaso con rehabilitación: Esta técnica busca crear na conciencia dos alumnos a necesidade de aprender determinados principios, regras ou normas cos que ainda no están familiarizados. Consiste no seguinte:
    • Presentar a os alumnos un problema ou propoñerlles unha tarefa para a que non están ainda capacitados. Ao intentar resolvela tarea notarán que lles fsi falta algo para a súa resolución. Por este fracaso inicial, crease nos alumnos a conciencia da necesidade de aprender algo máis que lles está faltando.
    • Expoñer entón o principio, regra ou norma do que carecían, explicándoo con toda claridade.
    • Facer volver aos alumnos a tarefa inicial para que o resuelvan satisfactoriamente. É a rehabilitación despois do fracaso inicial.
    • Como norma didáctica diremos que non convén abusar desta técnica, evitando levar aos alumnos a frecuentes frustracións.
  • Técnica da participación directa e activa dos alumnos: temos que inducilos a que participen con suxerencias e traballo:
    • No plantexamento e/ou programación das actividades, tanto na clase, coma fora dela.
    • Na execución de traballos ou tareas.
    • Na valoración e xuicio dos resultados
  • etc
Coma estes hai outros moitos, que sde deben aplicar para manter un grupo contento e con motivación, o cal aumenta o seu rendemento.



lunes, 20 de octubre de 2014

Relevos 4x100m

A proba consiste nunha carreira na que se relevan catro corredores, nos que cada un deles recorre unha distancia de 100 metros. O primeiro comeza a carreira dende a liña de saída da carreira 400 metros lisos e os outros corredores sitúanse nunha marxe de 20m en cada subdivisión de 100m da pista. O testigo debe ser intercambiado dentro da zona para devandito propósito. Para facer o cambio o máis rápido posible, o atleta que espera o testigo faino dende o inicio da prezona, e comeza a correr cando o portador está chegando ca testigo. O cambio realízase con ambos os corredores a máxima velocidade, a man cambiada e o receptor a cegas, simplemente estende a man cara atrás cando o compañeiro lle manda.

Pista e zonas dos relevos 4x100m:

O testigo debe ter as seguintes características:


Para que vos fagades unha idea de como habería que facelo, aquí vos deixo unha demostración de alto peso mundial:


jueves, 9 de octubre de 2014

Tipos de saídas en atletismo

Según o tipo de carreira que se vaia a realizar, ten máis importancia facer unha saída a máxima velocidade ou é indiferente. Tendo isto en conta os atletas realizan a "saída baixa" para probas con distancias inferiores a 800m e para as de maior distancia empregan a "saída alta". Vamos a analizalas:

  • Saída baixa:o seu obxectivo é maximizar o empuxe que as pernas fan sobre os tacos. Os tacos colócanse do seguinte xeito: o taco anterior colócase entre un pé ou un pé e medio por detrás da liña de saída e o taco posterior a pé e medio do taco anterior. O taco anterior colócase máis plano ca o posterior. Para saír o xuiz de saída di: "as súas marcas" e o corredor sitúase nos tacos, cas mans por detrás da liña de saída e apoiando so a xema dos dedos, colocando as mans en forma de V invertida e cos codos separados un chisco máis ca a anchura de ombreiros. A continuación o xuiz di: "listos" e os corredores levanta a cadeira por encima da altura dos ombreiros e sitúase ben nos tacos para sair a máxima velocidade. Por último o xuiz de saída dispara ao aire e os corredores intentan cambiar do reouso a máxima velocidade no menor intervalo de tempo para intentar gañar a carreira.

  • Saída alta: realízase case de pé, cun pé lixeiramente adiantado e as rodillas flexionadas. Esta saída realízase en tres tempos:
    • "As súas marcas": entón os corredores sitúanse detrás da liña de saída.
    • "Listos"; os participantes flexionan lixeiramente as rodillas.
    • Disparo: os atletas saen a unha velocidade media, dependendo da distancia a recorrer, co fin de dosificar a enerxía.



Equipamento para correr

Estamonos achegando ao inverno, polo tanto o frío empeza a facerse presente nas clases prácticas, nas cales saímos a correr as pistas de atletismo. Para facerlle fronte, debemos equiparnos devidamente co seguinte:

  1. Os deportivos: hai unha variedade enorme de zapatillas no mercado adaptadas a cada tipo de pé, en xeral de boa calidade. Temos que buscar as que nos sexan máis cómodas e tamen nos pode asesorar algo sobre o tipo de zapatillas que nos son mellores.
  2. Os calcetíns: os mellores son aqueles que son finos, teñan costuras planas, se adapten ben ao pé e non sexan 100% algodón, para que non se empapen tan doado de suor.
  3. Os pantalóns: tanto poden ser pantalóns curtos ou mallas (largas ou curtas) de lycra. De cara ao inverno son preferibles as mallas largas, porque manteñen algo máis quentiños os musculos da perna e preveñen lesións musculares.
  4. Camisetas e chaquetas cortaventos: estas prendas son ideais pola súa transpirabilidade e melloran o confort e o benestar mentres corremos.
  5. Para convatir o frío: un bo gorro, xa que se perde moita calor corporal pola cabeza. Se padeces de mans frías uns bos guantes.



domingo, 28 de septiembre de 2014

Evaluación inicial de natación

O outro día Eduardo deunos unhas follas impresas para que nos realizásemos os uns aos outros unha avaliación de natación. Entón eu estiven pensando e ocurriuseme que se a realizase online, tería maiores facilidades para despois facer grupos adecuados ao nivel de cada un. Eu tomeime a liberdade de realizar unha tomando como modelo a súa.
Gustaríame que a responderades con total sinceridade para poder elaborar unhas gráficas cos resultados.

Estes tests parécenme unha maneira excelente para saber a que grupo nos enfrontamos en calquera tipo de actividade. Así que, tomarei nota e aplicareino nun futuro, esperemos que próximo, cos grupos que teña ao meu cargo.

lunes, 22 de septiembre de 2014

Primeiros días.

Para inaugurar este blog da mellor maneira posible, vou a comezar directamente co seu cometido. FALAR DAS CLASES!!!!!

Dende logo ninguén pode dicir que este ciclo comezou con mal pe, porque dende logo iso non sería certo. Tamén é certo que para a maioría de nós todo é novo, o centro, os mestres, as asignaturas... Os primeiros días temos que estar moi atentos para captar todo ao bo, tanto conceptos teóricos, como as formas de traballar de cada un dos mestres, etc. Todo isto non é doado, pero se estamos con todolos sentidos alerta, os cales ainda noon está moi claro cantos son, pero isto xa sería motivo doutra entrada, asi que, se teño tempo realizarei mais adiante unha entrada para ese tema.