viernes, 28 de noviembre de 2014

A evaluación

Evaluar sempre ten como finalidade valorar e orientar unha proposta de mellora, tanto do aprendizaxe do alumno, como do traballo na clase. Estas son as bases da calidade educativa. Temos que abandonar a vista tradicional dun exame como o castigo de ter que poñernos a estudar e pegarnos os atracóns do día antes ou os dous días antes, porque ese método para aprobar os exames poden valer, pero non para "saber". Entón, un bo técnico, profesor, instructor, etc, ten que empregar a evaluación para comprobar se o alumno/usuario, realmente sabe o que debe saber e se non é así axudarlle e orientalo polo camiño que debe seguir, para enriquecerse con conceptos e fundamentos, que aparte de enriquecernos culturalmente nos poden servir de moito nun futuro. As cousas que se van aprendendo pouquiño a pouco, de diferentes maneiras, mediante explicacións, estudandoo, vivindoo na práctica, etc, son os saberes que permanecen na nosa mente, non coma os dos atracóns, que logo se esfuman das nosas cabeciñas.
A evaluación tampouco é unha ferramenta na que debamos confiar ao 100% xa que hai persoas que non rinden nesta clase de probas e sen embargo os seus coñecementos son moi superiores. Polo tanto non nos debemos fixar soamente nestes resultados, tamen temos que preguntarlle ao alumno que pasou, que fallou, ou que foi mellor, para poder adaptarnos e non soltar unha chapa coma se fósemos robots.
Normalmente todos nos queremos librar de estudar, pero se queremos destacar e triunfar, dunha maneira ou doutra, sempre temos que seguir fomándonos e sobre todo estar atento as novas tendencias e descubrimentos que vaian aparecendo.
Sobre todo na nosa rama de técnicos deportivos a evaluación é moi importante,para saber en que fallan os nosos usuarios, que hai que reforzar e en que fallamos nós mesmos para poder mellorar e poder progresar todos, con elo ser cada vez mellores no noso ambito e que os nosos usuarios cada vez o pasen mellor e disfruten cos nosos métodos.



Entre todos temos que lograr que pase de 
a o que debería de ser 



Para conseguir o que realmente é importante, disfrutar e aprender!!!










No hay comentarios:

Publicar un comentario