viernes, 7 de noviembre de 2014

Porque nadar?

Na clase estamos a ver os distintos estilos de natación, tanto na práctica, coma na teoría, pero, por qué debemos practicar a natación no noso tempo libre?
  1. A nosa calidade de vida mellora considerablemente, debido a que permite retrasar a nosa etapa de envellecemento e a nosa capacidade motriz aumenta así como a memoria, polo entrenamento da coordinación e concentración.
  2. Fai que estés máis alerta, con máis equilibrio e cun tempo de reacción complexo máis eficiente e rápido.
  3. As feridas e lesións tardan menos en curar se se realizan exercicios que non as perxudiquen.
  4. Quéimanse moitísimas calorías, xa que na auga os nosos músculas traballan de cinco a seis veces máis ca en terra firme. Unha hora de natación permíteche queimar ao redor de 600 calorías e correndo a un ritmo cómodo queimaríanse unhas 500 calorías.
  5. Axúdanos a aunmentar a masa muscular e a tonificar.
  6. O corpo faise máis resistente a fracturas, xa que ao traballar case todos os músculos do corpo, fai que os osos se vexan involucrados e aumenten o seu grosor.
  7. Permite adquirir maior movilidade e elasticidade, debido ao seu rango de movemento.
  8. Mellora a actividade do sistema cardiorespiratorio.
  9. Aumenta a flexibilidade da columna, o que fai que se teñan menos dores nela. 
  10. Mellora a musculatura da espalda e fai que adoptemos mellores posicións ao realizar calquera actividade do noso día a día e esta non sufra tanto.
  11. Mellora a circulación do sangue, ao nadar o sangue actívase e provoca unha sensación de benestar.
  12. Ao nadar reláxaste, o que o fai moi bo para o estrés.
E dende logo esta actividade podémola facer calquera de nós, independentemente da idade, sexo, etc. Para demostralo adxunto uns videos:






No hay comentarios:

Publicar un comentario