Eu xa dende moi pequeno era o típico neno tímido e dependente de seus pais, por iso no verán dos meus 9 aniños miña nai decidiu mandarme a un campamento deses do verán, nos que os rapaces teñen que facer vida fora da casa con outros rapaces da súa idade, baixo o coidado duns monitores. A miña primeira aventura foi na Mariña Española, en Bergondo, a Coruña, alí os primeiros días botei moito de menos a meus, pero pronto me acostumei a aquela vida, tiñamos diversas actividades náuticas, praia, piscina, vaia, das actividades que máis apetecen no verán, asi que, como non o ía pasar ben?
Eu falo agora como supervivinte destes campamentos e recomendollelos a todo o mundo, anímovos a que provedes unha forma económica e moi divertida de pasar o verán, así como de facer amigos. Hai campamentos para todo tipo de gustos, de actividades náuticas, de montaña, de idiomas estranxeiros... Tamen hai distintos tipos de aloxamento, en tendas de campaña ou en literas, eu proveinas todas!!! E todas están xenial, espero que vos animedes e compartades as vosas experiencias e anécdotas.
Eu despois deste campamento fun a Boiro a un de teatro, o cal non foi dos que máis me gustou, por iso ao seguinte ano fun a viveiro a un de actividades náuticas e inglés.
Os seguintes anos xa me ía facendo grandiño e puiden decidir a cal ir, por iso elixin dous anos seguidos a Ourense a un de fútbol, unhas experiencias extraordinarias!!!!
Pero non rematou aí, ainda fun tomandome un ano de descanso a Espiñeira en Boiro outra vez, pero con actividades náuticas e ao seguinte a a Devesa en Ribadeo con actividades náuticas e inglés. Teño moi bos recordos de todos eles e grazas a eles hoxe por hoxe, coñezo moitísimas actividades e xogos distintos, así como o traballo dos monitores de campamento, quizáis grazas a iso esta hoxe facendo TSAFD para poder revivir as experiencias que tiven de raparigo, pero dende outra perpectiva moi diferente.
Cando teña un momentiño, prometovos que buscarei fotos destas aventuras e subirei algunha, para que vexades que certamente os campamentos son unha pasada!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario