Análise comparativo do estilo mariposa

Vou a empregar estes dous videos para realizar a comparación, no primeiro dos videos apareen dous nadadores non profesionais e no segundo aparece un coñecidísimo e medallista olímpico, Michael Phelps:

Amateurs


Michael Phelps



Vamos a seguir o segunite esquema para a comparación:  

  1. Posición do corpo 
  2. Acción dos brazos 
  3. Acción das pernas 
  4. Respiración 
  5. Coordinación 
1. Posición do corpo:
Tanto Phelps como os rapaces amateurs realizan un movemento ondulatorio ascendente e descendente que compensa as accións negativas do recobro e que tenta manter o corpo horizontal. O Phelps é capaz de realizar a ondulación máis marcada, xa que ten moita flexibilidade non ombros e no tronco e logra unha ondulación esaxerada.
Hai dous momentos na ondulacion moi distintos:
- Cando levan cadeiras e pernas altas e tronco e cabeza somerxidos



- Cadeira e pernas somerxidas e cabeza e tronco altos



2. Acción dos brazos:

  • Entrada
    • Os dous rapaces amateurs realizan a entrada na lña fronte aos hombros, mentres que Phelps a realiza cos brazos máis abertos
    • Phelps realiza a entrada cos cóbados claramente máis levantados ca os dous primeiros.
    • Entran coas palmas das mans nun ángulo duns 45º


  • Movemento cara afora
    • O rapaz do bañador negro van afora estando moi preto da superficie, namentres, que Phelps e o outro rapaz buscan profundidade adiante.
    • O rapaz do bañador negro continúa o movemento cos cóbados baixos, mentres que os outros dous, realizan o movemento cos cóbados altos.
    • As palmas das mans van lixeiramente xiradas hacia fora.





  • Movemento adentro
    • Os tres nadadores flexionan os cóbados uns 90º coas mans case xuntas por debaixo do tronco mirando adentro




  • Movemento afora e atrás
    • Os tres nadadores moven os brazos practicamente paralelos por debaixo do tronco e vanse abrindo ao final deste para poder sacalos con cóbados altos durante o recobro.

  • Recobro
    • Phelps realízao cos cóbados moi altos, o cal é no único que o podemos ver no video



3. Acción das pernas
Comezamos cando as pernas están no seu punto máis alto, o nadador do bañador negro rompe a superficie cos pes, mentres que Phelps e o raparigo do bañador azul déixanos preto da superficie.




Cando as pernas están nesta posición, flexionando a cadeira deben de descender os xeonllos, deixando os pes preto da superficie, tal e como fai Phelps, pero os outros dopus, flexionan pouco a cadeira, pero o do bañador azul case non flexiona as rodillas e o do bañador negro flexiona demasiado os xeonllos deixando os pes por enriba da superficie da auga.



A continuación, todos realizan unha extensión brusca, dando unha forte patada moi impulsiva, cos nocellos estirados



Phelps, a continuación, eleva as pernas estiradas, mentres que os nadadores amateurs, realizan esta fase moi rápidamente e con flexión de xeonllos.



4. Respiración
Phelps respira en todos os ciclos, completamente distinto ao que fan os outros dous nadadores, os cales respiran cada dous ciclos.
A cabeza en todos os nadadores sae antes ca os brazos e vólvese a somerxer antes ca os mesmos.
Concretando:
-A cabeza sácana cando están realizando o movemento cara adentro dos brazos.



- A cabeza vólvena a somerxer durante o recobro, antes de realizar a entrada cos brazos.



5. Coordinación brazos-pernas
Os tres nadadores realizan o primeiro batido de pernas durante a entrada dos brazos na auga, pero no segundo batido hai disparidade:
O nadador do bañador azul e Phelps realizan a segunda patada durante o movemento afora e atrás dos brazos, rematándoa xusto cando van a comezar o recobro, mentres que o nadador de bañador negro a realiza na fase cara a dentro, un chisco antes.







Para rematar o artigo, adxunto unha imaxe con catro palabras, do que sería un breve resumo/esquema da técnica de mariposa, espero que vos guste:


No hay comentarios:

Publicar un comentario