Esta técnica foi mellorada polo americano Mike Sweeney, perfeccionando o paso do listón cunha tijereta con retorno interior e ademáis mellorou a carreira de impulso, a cal era ignorada ata o momento. Con isto logrou subir o récord a 1,97m no 1895.
Georges Horine supera a barreira máxica dos 2m no 1912 co seu rodillo californiano, impulsándose co pé interior e franqueandoo de lado cunha lixeira inclinación do tronco. Harold Osbon personaliza o estilo de Horina e supera os 2,03m, xerando moita polémica e conseguindo que se simplificase o reglamento.
En 1940 Lester Steers populariza o rodillo ventral, co que batiu o récord mundial 2,11m. Durante moitos anos as técnicas convivían, pero acabou triunfando o rodillo ventral ata que no 1968, nos Xogos Olímpicos celebrados en México Dick Fosbury, saltador estadounidense, empregou un novo estilo. Foi tan revolucionario, que nun primeiro momento foi descalificado. A súas técnica, coñecida como Fosbury, consistía en acercarse ao listón en carreira e saltalo de espaldas, levantando as dúas pernas no último instante, para sobrepasar o obstáculo. Con esta técnica Dwight Stone supera os 2,30m e o cubano Javier Sotomayor, consigue o actual récord do mundo con 2,43m (en interior) e 2.45 metros (en exterior), conseguidos no 1993.. Stefka Kostadinova (Bulgaria) posúe o record mundial das mulleres de 2.09 m dende 1987, o récord máis antigo por bater no atletismo.
Adxunto este video, para que poidades disfrutar vendo os diferentews estilos/técicas de salto e apreciedes perfectamente a súa técnica:
E nos para aprender deberiamos seguir un proceso similar ao seguinte, e dende logo se temos que ensinar nós esta modalidade de salto, esta é unha boa maneira:
No hay comentarios:
Publicar un comentario