domingo, 26 de octubre de 2014

Motivación!

Ter unha clase animada, participativa e que non perdan o interese por ela, é unha tarea moi compricada, porque simplemente, todo aburre. Sobre todo cando se intenta mellorar, hai que criticar e isto xeralmente tómase a mal e deprime, entón pensas: "non servo para isto", "que trenco son"... o que te leva a perder o interese, xustamente ao contrario do que deberíamos facer, que sería ter afán de autosuperación. Por estes motivos o coordinador, debe empregar numerosas estratexias, para fomentar a mellora técnica dos participantes e que se sintan motivados. Isto é moi complicado conseguilo con todos os participantes, pero empregando estratexias coma estas, pódese conseguir:

  • Técnica do éxito inicial:
    • Plantexar pequenas tarefas de fácil execución para os alumnos.
    • Preparar ben aos alumnos para executalas, facilitando as condicións necesarias para o seu éxito.
    • Facer repetir esas tarefas eloxiándoos polo seu éxito.

  • Técnica do fracaso con rehabilitación: Esta técnica busca crear na conciencia dos alumnos a necesidade de aprender determinados principios, regras ou normas cos que ainda no están familiarizados. Consiste no seguinte:
    • Presentar a os alumnos un problema ou propoñerlles unha tarefa para a que non están ainda capacitados. Ao intentar resolvela tarea notarán que lles fsi falta algo para a súa resolución. Por este fracaso inicial, crease nos alumnos a conciencia da necesidade de aprender algo máis que lles está faltando.
    • Expoñer entón o principio, regra ou norma do que carecían, explicándoo con toda claridade.
    • Facer volver aos alumnos a tarefa inicial para que o resuelvan satisfactoriamente. É a rehabilitación despois do fracaso inicial.
    • Como norma didáctica diremos que non convén abusar desta técnica, evitando levar aos alumnos a frecuentes frustracións.
  • Técnica da participación directa e activa dos alumnos: temos que inducilos a que participen con suxerencias e traballo:
    • No plantexamento e/ou programación das actividades, tanto na clase, coma fora dela.
    • Na execución de traballos ou tareas.
    • Na valoración e xuicio dos resultados
  • etc
Coma estes hai outros moitos, que sde deben aplicar para manter un grupo contento e con motivación, o cal aumenta o seu rendemento.



No hay comentarios:

Publicar un comentario