Según o tipo de carreira que se vaia a realizar, ten máis importancia facer unha saída a máxima velocidade ou é indiferente. Tendo isto en conta os atletas realizan a "saída baixa" para probas con distancias inferiores a 800m e para as de maior distancia empregan a "saída alta". Vamos a analizalas:
- Saída baixa:o seu obxectivo é maximizar o empuxe que as pernas fan sobre os tacos. Os tacos colócanse do seguinte xeito: o taco anterior colócase entre un pé ou un pé e medio por detrás da liña de saída e o taco posterior a pé e medio do taco anterior. O taco anterior colócase máis plano ca o posterior. Para saír o xuiz de saída di: "as súas marcas" e o corredor sitúase nos tacos, cas mans por detrás da liña de saída e apoiando so a xema dos dedos, colocando as mans en forma de V invertida e cos codos separados un chisco máis ca a anchura de ombreiros. A continuación o xuiz di: "listos" e os corredores levanta a cadeira por encima da altura dos ombreiros e sitúase ben nos tacos para sair a máxima velocidade. Por último o xuiz de saída dispara ao aire e os corredores intentan cambiar do reouso a máxima velocidade no menor intervalo de tempo para intentar gañar a carreira.

- Saída alta: realízase case de pé, cun pé lixeiramente adiantado e as rodillas flexionadas. Esta saída realízase en tres tempos:
- "As súas marcas": entón os corredores sitúanse detrás da liña de saída.
- "Listos"; os participantes flexionan lixeiramente as rodillas.
- Disparo: os atletas saen a unha velocidade media, dependendo da distancia a recorrer, co fin de dosificar a enerxía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario