- Cando o árbitro da un silvido longo, os nadadores suben ao taco de saída.
- Cando o xuiz de saida diga "nas súas marcas" os participantes situaranse nas súas posicións de saída con (polo menos) un pé na parte dianteira da plataforma.
- Finalmente cando todos os nadadores estén quietos, o xuíz de saída dará o sinal do comezo da proba.
Nas saídas de espalda e relevo combinado, a saída realízase dende a auga.
- Co primeiro silvido longo do árbitro os nadadores métense na auga.
- Cun segundo silvido os nadadores teñen que volver rápidamente a posición de saída.
- O xuíz de saída dirá "as súas marcas" cando todos os participantes estén preto da saída e estes colocaranse nas súas posicións de saída.
- Cando todos estén quietos, o xuiz dará o sinal de saída.

Tipos de descalificacións debidas a saídas anteriores ao sinal:
- Se o sinal de saída sona antes de que a descalificación sexa declarada, a carreira continuará e o nadador ou nadadores, serán descalificados ao terminar a proba.
- Se a descalificación se declara antes de dar a saída, esta non se dará e os restantes nadadores volveranse a colocar nos seus postos e darase unha nova saída.
No hay comentarios:
Publicar un comentario