lunes, 22 de septiembre de 2014

Primeiros días.

Para inaugurar este blog da mellor maneira posible, vou a comezar directamente co seu cometido. FALAR DAS CLASES!!!!!

Dende logo ninguén pode dicir que este ciclo comezou con mal pe, porque dende logo iso non sería certo. Tamén é certo que para a maioría de nós todo é novo, o centro, os mestres, as asignaturas... Os primeiros días temos que estar moi atentos para captar todo ao bo, tanto conceptos teóricos, como as formas de traballar de cada un dos mestres, etc. Todo isto non é doado, pero se estamos con todolos sentidos alerta, os cales ainda noon está moi claro cantos son, pero isto xa sería motivo doutra entrada, asi que, se teño tempo realizarei mais adiante unha entrada para ese tema.

Penso que todos os compañeiros estarán de acordo conmigo no aspecto de que neste ciclo, "nunca nos deitaremos sen saber unha cousa mais". Os profesores non paran de dicirnos cousas que son importantísimas cando sexamos tecnicos deportivos. Tan so nas primeiras clases, xa collemos unha  idea xeral de quencemento, de anatomía, de realizar avaliacións aos usuarios para medir a súa evolución, xogos de presentación para ir rompendo o xeo cun grupo e coñecernos todos un pouquiño mellor, como ter sempre aos grupos activos para que non se aburren, cal debe ser o procedemento para explicar un xogo/deporte aos usuarios (partindo sempre do obxectivo e despois ir introducindo as regras pouco a pouco), atender as idades dos usuarios e plantexar as clases de distintos xeitos... e infinidade de cousas mais que apenas somos capaces de reter entre semexante chaparrón de información, pero os cales van a ser os que nos diferencien dos bos técnicos deportivos e o resto.

En fin, penso que como primeira entrada non está mal esta breve introducción e tentarei ir mellorando a calidade das entradas pouquiño a pouco,
Saúdos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario