domingo, 28 de septiembre de 2014

Evaluación inicial de natación

O outro día Eduardo deunos unhas follas impresas para que nos realizásemos os uns aos outros unha avaliación de natación. Entón eu estiven pensando e ocurriuseme que se a realizase online, tería maiores facilidades para despois facer grupos adecuados ao nivel de cada un. Eu tomeime a liberdade de realizar unha tomando como modelo a súa.
Gustaríame que a responderades con total sinceridade para poder elaborar unhas gráficas cos resultados.

Estes tests parécenme unha maneira excelente para saber a que grupo nos enfrontamos en calquera tipo de actividade. Así que, tomarei nota e aplicareino nun futuro, esperemos que próximo, cos grupos que teña ao meu cargo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario