Como é un deporte de contacto e ao primeiro non se controla, debemos primar a seguridade ante todo.
Para comezar a iniciación ao rugby é bo que os rapaces se acostrumen a andar polo chan, xa que non soen estar acostumados e despois durante o xogo, como se está moito no chan; non é bo que lles pareza mal caerse. Por estas circunstancias é unha boa idea que realicen xogos polo chan, dando rolos tirando uns aos outros dende a posición de rodillas para maior seguridade...
A continuación, cando xa se vaian familiarizando co chan, hai que familiarizarse con agarrar aos compañeiros, o cal ten moita similitude, co que posteriormente van a ser os placaxes. Para iso podense facer xogos do tipo de posesion e para recuperar a posesión haxa que abrazar ao apoñente coa finalidade de que non de pasado o balón ou erre o pase.
A partir disto os rapeces xa teñen unha idea do que vai a ser despois o xogo, por iso este xa é un bo momento para empezar a introducir elementos tácticos. Facer pequenos xogos, de simulacións de como se produciría un rac, unha melé, un saque de banda, etc.
Ainda que estes a er isto e che pareza que isto é un deporte moi violento e que nin o practicarías, nin se che ocurriría mandar ao teu fillo a practicar semexante barbarie, estaste a enganar e a única forma de que te des cnta é que te animes a probar. Este é un deporte no que da igual a túa constitución física, xa que todo o mundo ten o seu lugar, os forte, os áxiles, os rápidos, etc. Todos teñen o seu lugar e sobre todo, educa moito en valores e fomenta moitísimo o compañeirismo.
Que non che poña medo e anímate a probalo!
Aquí deixo un vídeo de rapaciños que lle poñen moita gana e sobre todo o pasan xenial!