O equipo básico ou material de snowboard: componse dunha tabla, botas e fixacións. Por suposto, para evitar o frío e a humidade, hai que contar con roupa adecuada.
- A tabla: para empezar, unha tabla estándar está ben, son máis resistentes e máis estables, simplemente debes coller unha que sexa da túa talla.

- As fixacións: igual que tablas hai moitos tipos, pero para emèzar unhas fixacións soft, son as máis adecuadas, estas consisten básicamente en dúas correas, unha para a zona alta dos dedos e outra para a zona do empeine. Están compostas por varias partes, a base a cal se atornilla a tabla. O spoiler ou highback, normalmente acolchado, que é onde apoiamos a parte traseira do pé e as correas, que fixan a bota a tabla.

- As botas: as mellores para principiantes son as soft, máis cómodas e para elixir as adecuadas debn darlle estabilidade ao teu tobillo, nin apretar moito nin pouco, para poder ter un control óptimo sobre a tabla.

- Unhas gafas de ventisca son imprescindibles para protexernos dos raios UVA
- Protector solar, xa que cando sae o sol queima moito
- Casco, moi importante, xa que é moi dadp caer e mancarnos moi seriamente
- Guantes impermeables, porque ao primeiro vamos ter moito as mans pola neve e ainda sendo impermeables é moi doado acabar cas mans empapadas.
- Calcetíns cómodos e altos, para que se adapten ben ao pé e a bota.
- Un bon pantalón que te protexa dos golpes e sexa impermeable, así como ben quentiño.


- Unha chaqueta quentiña e impermeable, que aisle térmicamente.